Efecto fresón: este outono daralo todo a lume

YES

Un vestido rojo de Reformation
Un vestido vermello de Reformation

INESGOTABLE, ELEGANTE, de carácter forte e con moita personalidade. Volven as mulleres de vermello: de Chiara Ferragni a Taylor Swift

06 oct 2023 . Actualizado á 17:55 h.

Na época do luxo silencioso, do poder do beis e os grises, parecía case imposible que unha cor como o vermello puidese triunfar. Este ton cheo de personalidade, enerxía e carácter volve este outono para darlle un punto de graza á moda. Porque elixir pezas para que duren no armario é o correcto, pero saírse da norma e probar cores distintas sempre é bo e refrescante. Así o din as coleccións de grandes firmas como Prada, cos seus traxes de chaqueta con hombreras e saias polo xeonllo. Todo, de cor vermella.

Hai famosas que xa fixeron os seus primeiros pasos con este ton antes do comezo do outono. Aí está o look de Hailey Bieber cun minivestido vermello, un estilismo que se fixo viral, non só polo vestido, senón polo outfit escollido polo seu marido, Justin Bieber, para acompañala ao evento de presentación da súa marca de cosmética: ela espectacular de vermello; el, practicamente en pixama, con chanclas e calcetíns.

Outras mulleres que se pasaron a lume son Taylor Swift, raíña onde as haxa, e a influencer Chiara Ferragni. Aínda que para vermello, hai que deterse na colección que Palomo Spain, da man de Bimba e Lola, acaba de presentar en Nova York e que é a confirmación de que o vermello ten moito que dicir.

O efecto «strawberry girl» seguirá a próxima primavera. Nos desfiles que acaban de rematar do mes da moda houbo moita moza de amorodo en Balmain, Hermès ou Schiaparelli

E para polo en práctica nada como botar unha ollada ao último de Zara, onde se coan vestidos vermellos todo terreo listos para levar da mañá á noite, ou tops con capa que piden festa.