0003_202405V15C2991
0003_202405V15C2991

Ferrán Adriá comparte claves cunha selección de hostaleiros de Vigo

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO CIDADE

Xoán Carlos Gil

Á cita organizada por CaixaBank acudiron responsables dos restaurantes Maruja Limón, Neno Curvo, Crueza, De Tapa en Cepa, Othilio, Amares, Bitadorna, Alberte, Kero, Rokuseki, O Mar Salgado e A Porchaba

15 may 2024 . Actualizado ás 20:56 h.

Ferrán Adriá reuniuse onte a unha selección dos mellores hostaleiros de Vigo realizada por CaixaBank nun encontro no que o famoso chef e presidente de elBullifoundation , compartiu cos cociñeiros algunhas claves de xestión para impulsar un negocio e a súa visión da hostalería e perspectivas de futuro para o sector. Á cita acudiron os responsables dos restaurantes Maruja Limón, Neno Curvo, Crueza, De Tapa en Cepa, Othilio, Amares, Bitadorna, Alberte, Kero, Rokuseki, O Mar Salgado e A Porchaba.

«Ter un bo coñecemento financeiro, contar cun bo plan de negocio e elaborar un plan orzamentario, son algúns dos alicerces básicos para que un negocio dedicado á restauración funcione», asegurou Adrià nesta xornada organizada por CaixaBank na que o creador del Bulli estivo acompañado por Igor das Heras, director de área de CaixaBank, que lembrou o apoio ao sector da restauración a través de Food &Drinks, que máis aló do ámbito financeiro, «ofrece asesoramento e acompañamento aos hostaleiros». A financeira imparte sesións sobre xestión empresarial da man de Ferran Adrià, do catador Ferran Centelles e dos seus prestixiosos equipos e a través do portal CaixaBankLAB Campus ofrece formación especializada en restauración aos clientes.