
Pódese ver na Casa Galega da Cultura ata o 16 de novembro
29 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.«Todos os que hai na mostra, que son nove deseños, están recolleitos ou deseñados a partir do mar. É unha chiscadela aos concellos de Baiona, Nigrán, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Moaña e Cangas, e un noveno, Vigo, creado co perfil da baía. A partir da repetición fanse os patróns, e xérase o debuxo», explicaba a La Voz o artista tudense Carlos Fer. Refírese á exposición Limiares acuosos, que se pode ver na Casa Galega da Cultura ata o 16 de novembro.
Os azulexos das fachadas de varios edificios de Vigo foron transformados polo artista en pezas translúcidas impresas en 3D. Isto mestúrase con proxeccións da ría e pinturas que buscan saír do seu propio marco.
Pódese ver de luns a venres de 9 a 14 e de 17 a 21 horas; sábados, tamén de 12 a 14 horas.