O Porriño compra 64 parcelas para o parque fluvial do río Louro

La Voz O PORRIÑO / LA VOZ

O PORRIÑO

El alcalde de O Porriño, Alejandro Lorenzo, durante la compra de las parcelas
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, durante a compra das parcelas

Onte asinouse a adquisición de 32 e o alcalde, Alejandro Lorenzo, comprometeuse a pechar os 32 restantes antes de final de ano

09 dic 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O Concello do Porriño segue sumando pasos para crear un parque fluvial no río Louro. O alcalde, Alejandro Lorenzo, anunciou onte que o goberno local acaba de formalizar «de 32 novas parcelas situadas na marxe do río, unha actuación estratéxica que permitirá avanzar na creación do futuro Espazo Público de Lagunaxe Multifuncional, unha infraestrutura verde destinada a reducir o risco de inundación, restaurar o ecosistema fluvial e xerar un novo ámbito de convivencia e uso social para a cidadanía».

Lorenzo lembrou onte que «estas novas adquisicións súmanse ás 24 parcelas mercadas en 2023 e outras 32 cuxa compra asinarei antes de rematar este ano, configurando un conxunto continuo de terreos que suman 63.475,19 metros cadrados, que, con futuras adquisicións que seguiremos facendo, completará a superficie necesaria para a execución integral do espazo».

O proxecto define un modelo de adaptación climática fundamentado en solucións baseadas na natureza, coa creación de lagoas que acumularán auga en tempadas de choivas intensas.