
O falecido foi localizado esta mañá por Salvamento Marítimo
15 jul 2025 . Actualizado á 12:52 h.O cadáver dun veciño de Moaña de 73 anos foi achado esta mañá flotando fronte fronte á praia de Borna, en Moaña, despois de que un particular alertase ao 112 ás 9.42 horas. Os datos facilitados expuñan a presenza dun barca de pequenas dimensións envorcada, cun home flotando xusto ao lado que parecía estar morto. A embarcación María Pita de Salvamento Marítimo, con base en Cangas, desprazouse á zona concreta e recuperou o corpo da auga. Trátase dun veciño de Moaña que saíu a practicar pesca deportiva e por algún motivo que se descoñece acabou na auga tras envorcar o seu bote. O Servizo Marítimo da Garda Civil e Salvamento Marítimo participaron no operativo de rescate e redacción de informes sobre o ocorrido.