A Federación comunicou a perda da que fora a súa vicepresidenta
11 dic 2025 . Actualizado á 05:00 h.A Real Federación Galega de Vela anunciou onte o falecemento de Ana María Longueira Santos, que fora vicepresidenta deste organismo na etapa de Francisco Quiroga. «Fóisenos Ana Longueira. O mundo da vela, especialmente o do mar que máis amaba, o da súa querida Galicia, chora o seu triste falecemento», expresaron a través das redes sociais.
Dela destacan que foi sempre «unha gran defensora» deste deporte «non só desde o seu cargo como directiva, senón tamén como practicante en activo acompañando nos Salseiros salgados ao seu esposo, Manolo Blanco, e aos seus fillos, Manuel e Ana, sempre en familia». Os seus achegados despedírona onte no tanatorio vigués de Emorvisa aos 79 anos de idade.