600 rótulos comerciais nun libro

La Voz VIGO

VIGO

Será presentado na Galería Maraca

27 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.

19.30 horas • Dr. Cadaval, 12 • Na Galería Maraca preséntase o libro Os rótulos da nosa vida, de Ana Cocho, Jorge Lens e Robert Willemse. Acompañando a Jorge Lens e Robert Willemse, estará Marcos Calveiro, director de edicións de Editorial Galaxia. Durante décadas, os rótulos comerciais foron moito máis que sinais. Nomearon espazos, anunciaron oficios e deron carácter ás cidades. Este volume reúne máis de 600 fotografías tomadas por toda Galicia, nas que se recollen letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreos, madeira, metal ou azulexos. Un arquivo visual que preserva o patrimonio gráfico e emocional de Galicia.

Os autores son Ana Cocho, arquitecta e enxeñeira; Jorge Lens, fotógrafo e profesor da Universidade de Vigo; e Robert Willemse, informático, deseñador gráfico e fotógrafo.