Xosé Manuel Soutullo falará de Carlos Casares nas xornadas que recordan a creación de Galaxia

La Voz VIGO

VIGO

M.MORALEJO

A charla terá lugar nos cines municipais de Nigrán, na Ramallosa

26 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A figura de Carlos Casares centrará a derradeira xornada que o Concello de Nigrán dedicada a conmemorar o 75 aniversario da creación da Editorial Galaxia. O acto desenvolverase o venres, ás 19.30 horas, nos cines municipais do Centro Comercial A Ramallosa. A entrada será gratuíta.

O director xeral de Galaxia, Xosé Manuel Soutullo, abordará o papel de Carlos Casares na editorial. Casares, ilustre veciño de Nigrán, tamén estivo ao fronte de Galaxia ata o seu repentino falecemento no ano 2002. Soutullo, residente no Val Miñor desde hai anos, leva toda a súa traxectoria profesional no selo que dirixe en diferentes postos.

O Concello de Nigrán quixo ser eixo das conmemoracións por todo o que significa para Galicia e polo seu especial vínculo co municipio. «Nigrán foi o lugar elixido para vivir por parte de Carlos Casares ou Francisco Fernández del Riego, por iso queríamos render homenaxe a unha editorial que é símbolo vivo da nosa cultura», xustifica o rexedor, Juan González.

Galaxia foi fundada en 1955 en Santiago por un grupo de galeguistas que conformaban o chamado exilio interior .