
O grupo australiano estará esta noite en Radar Estudos
06 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.21.00 horas • Iglesias Esponda, 30 • 10 euros • Radar Estudos completa a súa programación desta semana coa presenza de Full Flower Moon Band. É unha potente formación de psych-rock orixinaria de Brisbane, Australia, liderada pola carismática Babyshakes Dillon. Os seus temas Roadie e Illegal Things incluso chamaron a atención de Iggy Pop.