Cortado en ambos os sentidos o túnel de Folgoso da A-52 tras arder un coche ocupado por tres amigas
VIGO

Grandes retencións na Cañiza por un accidente no carril en sentido Ourense e en plena operación saída
30 ago 2025 . Actualizado á 22:26 h.O túnel de Folgoso, na A-52, foi cortado esta noite en ambos os sentidos a causa do incendio no motor dun Peugeot 206 ocupado por tres mozos amigos no interior do paso subterráneo que conecta Vigo con Ourense e Madrid ás 21.00 horas, no municipio da Cañiza. O sinistro viario sucedeu a só 200 metros da saída do túnel en dirección a Ourense e causou grandes retencións no punto quilométrico 277,67 da autovía en sentido decrecente da A-52 e, no outro sentido, no punto 281 crecente.

O lume produciuse tras queimarse completamente o motor do turismo que circulaba en nese momento en dirección a Ourense. A condutora parou o coche ao ver o fume. Os tres mozos ocupantes evacuaron o turismo, cuxa parte dianteira quedou calcinada. As mulleres botáronse ao lado para non correr riscos nin entorpecer o tráfico.

Por protocolo de seguridade, os dous tubos do túnel desaloxáronse e quedaron baleiros para evitar riscos porque ambos os ramais están intercomunicados. Os bombeiros de Ponteareas extinguiron as chamas do capó e están á espera de que un guindastre acuda a retirar o vehículo danado na súa parte dianteira, que quedou completamente destruída.
O sinistro no túnel, de 2,5 quilómetros de lonxitude, provocou a creación dunha longa cola de vehículos. Antes de reabrir o túnel, uns técnicos acudirán a inspeccionar a seguridade.