Traballadores da depuradora do Lagares anuncian paros parciais

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO

Óscar Vazquez

Reclaman unha actualización dos salarios e o pago de atrasos

28 jun 2023 . Actualizado á 05:00 h.

Traballadores de Aqualia que se encargan da depuradora do Lagares anuncian paros parciais a partir do 5 de xullo se non acadan un acordo coa concesionaria Aqualia para mellorar as súas condicións laborais. Os representantes sindicais levan cinco meses negociando coa empresa unha actualización dos seus salarios e facer diúrnos aos traballadores que traballan a quendas.

Critican que á última reunión acudiu un responsable da empresa en Madrid e botou para abaixo todos os preacordos que se acadaron. Rebaixou a un 4% o aumento salarial que se pactou nun 6%. Os representantes dos traballadores denuncian que non se queren pagar os atrasos e que son a parte máis esquecida da empresa. Os traballadores da potabilizadora gañan entre 300 e 400 euros máis que eles.

O persoal de Trainasa, a concesioanria da xestión da planta do Lagares, iniciou o 20 de xullo un calendario de mobilizacións. Denuncian que a empresa lles dá longas e apraza reunións, e que son os grandes esquecidos do grupo Aqualia.