Aqualia abre unha oficina de atención na rúa Venezuela

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO

Cabaleiro valora o emprego que xera a empresa concesionaria na cidade

14 mar 2023 . Actualizado á 05:00 h.

A empresa Aqualia inaugurou onte as súas novas instalacións de atención ao público no número 48 da rúa Venezuela. O alcalde, Abel Caballero, explicou que as novas oficinas servirán para atender dunha forma máis eficaz a todos os abonados e tamén darán servizo ao resto de Galicia. O rexedor estivo acompañado por Félix Parra, o responsable da concesionaria. «É unha gran compañeira de viaxe na mellora permanente do ciclo da auga na cidade», afirmo Cabaleiro, que valorou o «enorme emprego» que xera en Vigo, con capacidade de atención as 24 horas do día os 365 días do ano. O proxecto máis importante da concesionaria é a nova potabilizadora, que conta cun investimento de máis de 20 millóns de euros, «pagados exclusivamente por Vigo», afirma Cabaleiro durante a apertura das oficinas, en referencia  a Xunta de Galicia.