Patrocinado porPatrocinado por

Mexillón de Galicia instalará na ría de Arousa colectores específicos para recoller tarugos

Somos Mar REDACCIÓN / LA VOZ

SOMOS MAR

MARTINA MISER

Tamén mellorou as instalacións de control que a DOP ten no peirao da Pobra

29 oct 2025 . Actualizado á 04:46 h.

A DOP (denominación de orixe protexida) Mexillón de Galicia quere avanzar cara a unha actividade mitícola máis sostible, para o que puxo en marcha un proxecto —de dous anos de duración e unha axuda de 76.400 euros— que busca mellorar a xestión dos materiais que se empregan no cultivo. E neste sentido, os escarvadentes de plástico ou tarugos, que moitas veces aparecen dispersos polas praias, son un dos elementos que máis problemas ambientais xeran. No marco dese proxecto, Mexillón de Galicia instalará alí onde operan as asociacións miticultoras da ría de Arousa uns colectores específicos para a recollida destes residuos. Ademais, desde a DOP organizarán dúas xornadas de limpeza do litoral na que os propios produtores responsabilizaranse da recollida destes refugallos plásticos e coordinarán a retirada dos mesmos por parte do principal subministrador destes materiais para o seu posterior reciclado.

Outra iniciativa que desenvolven con apoio da Xunta e o Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (Fempa) consiste na mellora das instalacións da unidade de control da DOP no peirao da Pobra. Este proxecto, que conta cunha axuda de case 16.000 euros, ten como obxectivo mellorar as condicións de traballo do persoal de control e dos usuarios. así como aumentar a eficiencia enerxética da unidade actual.