Patrocinado porPatrocinado por

Susto na procesión do Carmen de Boiro: unha embarcación vaise a pique con cinco tripulantes a bordo

SOMOS MAR

DANI GESTOSO

Os implicados saíron ilesos e foron rescatados rapidamente por un barco mexilloeiro e por varias motos de auga

16 jul 2025 . Actualizado á 15:00 h.

Susto maiúsculo na procesión da Virxe do Carmen de Cabo de Cruz (Boiro). Unha embarcación foise  a pique con cinco tripulantes a bordo cando a comitiva marítima estaba a piques de encamiñarse cara ao porto para seguir coa festa.

Ao parecer, o incidente tivo lugar debido a un envorco producido por causas pendentes de esclarecer. Segundo testemuñas presenciais do ocorrido, o accidente puido estar relacionado coa  ondada xerada por un barco que navegaba diante da lancha.

O bote comezou a afundirse pola popa e, en poucos segundos, tragoullo parcialmente o mar ata só quedar visible desde a superficie unha parte da proa. Todos os implicados saíron ilesos ao ser auxiliados rapidamente debido á grande afluencia de embarcacións na zona.

Varias motos de auga colaboraron para sacar do mar aos afectados, aínda que ningúns lograron subirse ao Redemar, un barco mexilloeiro que estaba a escasos metros, polos seus propios medios. Esta embarcación axudou a que a lancha afectada non afundise por completo ao atarlle un cabo, conseguir mantela á boia e remolcala a porto. Finalmente, os cinco tripulantes do bote vindo a pique regresaron a terra a bordo do devandito barco.