Patrocinado porPatrocinado por

Denunciada unha veciña de Corme por furtivismo de percebe no Roncudo

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

SOMOS MAR

Garda Rural

Garda Rural observou a presenza dunha muller, reincidente, na zona do Roncudo. En concreto, nunha contorna coñecida polAs Garalleiras

26 jun 2025 . Actualizado á 19:05 h.

Axentes do servizo de Garda Rural, en colaboración cunha patrulla da Garda Civil, identificaron e abriron dilixencias administrativas contra unha veciña de Corme por pesca ilegal. Trátase dunha habitual no ámbito do furtivismo.

Esta última actuación levou a cabo ao redor da unha e media da tarde deste xoves, cando persoal de Garda Rural observou a presenza dunha muller na zona do Roncudo. En concreto, nunha contorna coñecida por As Garalleiras. Estaba a extraer percebe sen coa correspondente autorización.

Ao decatarse da presenza do servizo de vixilancia, esta persoa intentou esconderse entre as rocas, aínda que finalmente foi interceptada. Garda Rural procedeu á súa identificación coa colaboración dunha patrulla do instituto armado e, de forma paralela, procedeu ao comiso do crustáceo, que unha vez pesado na báscula, acadou un peso total de 1.45 quilos de talla regulamentaria.