Patrocinado porPatrocinado por

Navallas, vieiras e paella na festa que organizan Concello e Barallobre en Xuvia

La Voz FERROL

SOMOS MAR

César Toimil

A primeira edición da Festa do Marisco de Narón serviu máis de 300 quilos de produto

08 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O paseo de Xuvia acolleu este sábado a primeira edición da Festa do Marisco de Narón, unha cita gastronómica organizada pola Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre coa colaboración do Concello.

Vieira, navalla e paella foron os produtos que se degustaron baixo unha carpa de 1.000 metros cadrados con capacidade para máis de seiscentas persoas. Houbo dúas quendas de comida ao mediodía e outro polas serán.

O marisco é todo da ría de Ferrol (a vieira conxelada) e aínda que estaba previsto incluír zamburiña, a presenza de toxina na ría obrigou a cambiala por navalla. Estaba previsto repartir entre uns 300 ou 400 quilos de marisco na festa.

Para dar a coñecer o seu traballo, a confraría instalou un posto no que se exhibiu todos os produtos que extraen os mariscadores da ría (agora mesmo existe un paro biolóxico) e mostraron nun vídeo a forma de extracción.

Tamén houbo unha zona de inchables para os máis pequenos.