Patrocinado porPatrocinado por

Comisan 70 cacharros con 32 quilos de polbo e cheos de huevas a tres millas do faro de Corrubedo

Ana Gerpe Varela
A. Gerpe RIBEIRA / LA VOZ

SOMOS MAR

Un cacharro con un pulpo dentro
Un cacharro cun polbo dentro Gardacostas de Galicia

A actuación foi desenvolvida por Gardacostas de Galicia, nun rastreo coa patrulleira María de Pazos

17 may 2025 . Actualizado á 13:09 h.

Co polbo galego vedado ata o mes de xullo, en que regresará en fresco aos mercados, ningúns pretenden sacar beneficio obtendo de xeito ilegal un produto cada vez máis escaso, caro e cunha demanda crecente. O equipo de Gardacostas de Galicia realiza inspeccións constantes para evitar as prácticas furtivas e unha desenvolvida durante a xornada do venres na ría de Muros-Noia deu os seus froitos.

Cacharros incautados
Cacharros incautados Gardacostas de Galicia

A bordo da patrulleira María de Pazos, da unidade operativa de Portosín, o Servizo de Gardacostas levantou acta de comiso ao localizar 70 cacharros sen identificar que contiñan 32 quilogramos de polbo e, o que resulta máis daniño para a conservación desta especie, estaban fartos de huevas

Os utensilios estaban fondeados a tres millas ao norte do faro de Corrubedo e as especies foron devoltas ao mar.