Patrocinado por Patrocinadopor

Un conto de Nadal para a pesca

Torcuato Teixeira ASESOR XURÍDICO DA FEDERACIÓN NACIONAL DE CONFRARÍAS DE PESCADORES

SOMOS MAR

Martina Miser

24 dic 2023 . Actualizado ás 04:50 h.

Antor preguntábase, aos seus 80 anos, naquel estraño día de paz para el,  acostumado a días máis atarefados, como se escribiría unha crónica sobre o.

Antor imaxinou que dirían que era un vello mariñeiro, xa retirado, pero que el seguía considerándose pescador, e os seus fillos e netos, aínda que ningún deles se dedicaba ao seu oficio, o curioso era que tamén se sentían pescadores.

Antor deixara hai tempo de ir ás luras, pois agora a ría estaba chea de embarcacións, sobre todo de turistas e nas poteras viñan mais plásticos que luras.

Tamén deixara de ir ás pescaderías, pois os seus mostradores estaban cheos de especies foráneas, xa que nosos outrora, abundantes e variados peixes e mariscos agora desapareceran.

Cando baixaba ao porto, como facían outros mariñeiros retirados, apenas se atopaba veciños embarcados cos que falar, e comentaban entre eles as cousas dese glorioso pasado de pescadores, orgullosos de ter traballado no oficio máis fermoso do mundo, e da súa contribución á riqueza do pobo.

Non era Antor moi pesimista, ao longo da súa vida pasara temporais e mesmo algunha galerna, pero o apenaba e enchía de rabia ver cada vez menos barcos atracados ao porto.

Sabía que nalgúns peiraos había xa moitísimos barcos deportivos reconvertidos, embarcacións que deixaran de ser de pesca e só mantiñan o seu antigo nome de barcos de pescadores, coma se resistísense a desaparecer do todo.

Tamén sabía que algunhas lonxas que no seu día estaban cheas dos nosos peixes e mariscos, agora eran museos etnográficos con fotografías dos antigos pescadores onde se destacaban aos pescadores como unha especie de últimos mohicanos que finalmente foran vencidos a pesar da súa feroz resistencia a deixar os nosos mares en mans das grandes industrias enerxéticas.

As Administracións que no seu día se encargaban da pesca, agora reconvertéronse para xestionar a inxente cantidade de embarcacións deportivas que faenaban nos nosos mares, e a gran cantidade de turistas que gozaban da pesca deportiva.

Os departamentos dedicados á pesca profesional se habían convertidos en gabinetes de Cultura Mariñeira.

De súpeto, Antor, espertouse, estaba no hospital. Tivera unha caída mentres paseaba polo porto cos seus netos que se dedicaron á pesca como o, e xa estaban a piques de comprar o seu segundo buque de pesca porque vían un gran futuro nese sector, e desde a fiestra do hospital seguía vendo o porto cheo de buques de pesca, moitos deles recentemente construídos, a lonxa rodeada de carretillas, furgonetas e comercializadores cargando eses marabillosos diamantes de saúde que son o noso peixes e mariscos, e o horizonte limpo, libre de xigantes de aceiro e cemento.

Bo nadal.