Patrocinado porPatrocinado por

As tres axencias marítimas da UE renovan a súa cooperación

Somos Mar REDACCIÓN

SOMOS MAR

M.MORALEJO

A de Fronteiras, Seguridade Marítima e Pesca estenden por catro anos a xestión conxunta das súas competencias

20 mar 2021 . Actualizado á 05:00 h.

A Comisión Europea acolleu con satisfacción a renovación do acordo de cooperación entre a Axencia Europea da Garda de Fronteiras e Costas (Frontex), a Axencia Europea de Seguridade Marítima (EMSA) e a Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA), con sede en Vigo, para axudar aos gardacostas dos Estados membro nas actividades neses tres ámbitos.

As tres axencias asinaron un novo pacto para seguir traballando xuntos en seguridade e protección no mar, incluída a procura e salvamento, a xestión de fronteiras, o control da pesca, as actividades aduaneiras, a aplicación da lei e a protección do medio ambiente.

O acordo de traballo cobre a cooperación na análise de riscos e o intercambio de información sobre ameazas no ámbito marítimo, así como o cumprimento dos dereitos fundamentais, os requisitos de protección de datos e os dereitos de acceso.

A primeira alianza entre Frontex, a EMSA e a EFCA entrou en vigor en marzo do 2017, cunha duración de 4 anos. Desde o 2017, as tres axencias estiveron traballando en estreita colaboración, intercambiando información operativa relevante, datos de instrumentos de observación da terra e proporcionando tecnoloxías de vangarda e capacitación para as autoridades dos Estados membro.