Medio Rural nomea os vogais do Observatorio do Lácteo, que celebrará o seu novo pleno tras o verán

Somos Agro REDACCIÓN / LA VOZ

GANADERÍA

ANGEL MANSO

 O órgano contará con 21 vogais e poderá crear grupos de traballo con expertos do sector

15 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, nomeou esta semana os novos vogais do Observatorio do sector lácteo de Galicia, en calidade de presidenta do órgano e a proposta das entidades ás que se lles outorga participación. O pleno renovado celebrarase á volta do verán. Con este paso complétase o proceso de reestruturación do Observatorio, iniciado coa modificación da súa composición e funcionamento. O novo modelo inclúe unha ampliación dos seus membros e establece que as súas funcións se exerzan en pleno e a través de grupos de traballo.

Segundo o Decreto 8/2025, do 20 de xaneiro, o órgano colexiado acolle agora a todos os elos da cadea de valor do leite —produción, industria, distribución e consumo— e redefine as funcións da presidencia, secretaría e vogalías. Entre os novos membros destacan a organización de produtores lácteos de Galicia con maior representatividade e a asociación máis representativa do sector lácteo galego.

Desde a súa creación en 2007, o Observatorio viña funcionando sen cambios estruturais. A nova etapa responde á evolución da produción, industria, consumo e mercados do leite e derivados tanto a nivel nacional como internacional. A nova estrutura tamén permitirá a creación de grupos de traballo con expertos alleos ao organismo. Ademais, incorpórase entre as súas funcións o estudo da cadea de valor e das relacións comerciais e contractuais, dada a súa relevancia na configuración dos prezos e no funcionamento do sector.