
Sanidade alerta de alto risco para a saúde por temperaturas elevadas nas Rías Baixas e o Miño de Pontevedra
31 jul 2025 . Actualizado á 20:01 h.Agosto arrincará tórrido. A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) acaba de declarar unha onda de calor desde o domingo, día 3, ata como mínimo o martes 5. Afectará, sobre todo, aos vales do Texo e do Miño, onde os termómetros acadarán holgadamente os 40 graos, e á contorna do Guadiana e o Guadalquivir, onde se rozarán os 42. Á vista das previsións, o Ministerio de Sanidade activou alerta vermella por alto risco para a saúde nas Rías Baixas e no Miño de Pontevedra. Non fará tanto calor aquí como no sur peninsular, pero os modelos do ministerio estiman que —por factores como a idade media da poboación, o nivel de humidade ou a capacidade de adaptación— 28 graos en Galicia poden ser peores para o organismo que 37 en Andalucía. O limiar a partir do cal a calor empeza a impactar na saúde é diferente en cada rexión.
Pero xa a fin de semana preséntase sufocante en Galicia. A tal hora, Meteogalicia ten establecidos para mañá —venres— avisos amarelos por altas temperaturas en toda a zona do Miño e en sur de Ourense. O sábado amplíanse ao litoral de Pontevedra e á comarca de Valdeorras. O servizo meteorolóxico tamén advirte de vento forte do mar no noroeste da Coruña e na Costa da Morte.
Para o venres, Meteogalicia estima que en Ourense chegarase aos 35 graos; en Vigo e Pontevedra, aos 33; e en Santiago e Lugo, aos 25. Ferrol e A Coruña manteranse nos 23 e os 22, respectivamente. Xa o sábado, Ourense subirá incluso ata os 36 graos; Vigo e Pontevedra, ata os 34; Santiago superará os 28; Lugo e A Coruña roldarán os 25 e Ferrol, o 24. Unha fronte moi pouca activo rozará, con todo, a metade norte, deixando nubes e incluso precipitacións débiles na Mariña.
En canto á semana que vén, agarda que o día álxido da onda de calor sexa o luns 4, cando os ascensos térmicos continuarán en toda a Península e estenderanse ao interior da fachada cantábrica, onde poderían ser localmente notables. O martes 4 é probable un descenso considerable das temperaturas no extremo norte peninsular, engade a Aemet, pero con todo no centro e no interior sur continuarán con valores anormalmente cálidos de forma xeneralizada, con máxima similares ou localmente superiores ás do luns.