Polémica por unha entrevista á actriz de «O Resplandor» que evidencia os seus problemas mentais

La Voz

SOCIEDADE

No avance do programa, que se emite este venres, Shelley Duvall asegura que Robin Williams está vivo, pero cambia de forma «continuamente». Os seus fans piden respecto e que non se explote a súa enfermidade

17 nov 2016 . Actualizado á 20:55 h.

A aparición da actriz Shelley Duvall, soada polo seu papel nO Resplandor, no programa de televisión do Dr. Phil, un antigo colaborador de Oprah Winfrey, acendeu a polémica. Aínda que a entrevista con Duvall aínda non se emitiu, o avance do programa, previsto para este venres, puxo en evidencia os graves problemas mentais de sofre a actriz e xeraron unha onda de críticas contra o espazo, xa que moitos cidadáns consideran que se está explotando a enfermidade de Duvall, para quen reclama «respecto».

 Unha das voces máis críticas foi a de Vivian Kubrick, filla do director que lanzou á fama a Duvall nO Resplandor, quen escribiu unha carta ao Dr. Phill na que cualifica de «espectáculo horrible e de explotación» e «tremendamente cruel» que se expoña á actriz ás cámaras a pesar de o seu «lamentable estado de saúde».

No avance do programa, de apenas 30 segundos e que se titula Shelley Duvall perdeu a cabeza, evidénciase o mal estado da intérprete, quen asegura, entre outras cousas, que Robin Williams, quen participou onda ela na película musical Popeye, está vivo «pero que cambia de forma continuamente» e onde recoñece que está «moi enferma» e necesita axuda.

Numerosos seguidores da actriz tamén mostraron a súa repulsa nas redes sociais, ademais de compañeiros  de profesión, como o actor Patton Oswalt: