
Ana Pontón acusou ao PP de escurantismo, e Lara Méndez puxo en dúbida o futuro do proxecto ao fallar as tres patas que deberían sostelo
17 mar 2025 . Actualizado á 11:08 h.As plataformas contra a instalación da planta de Altri en Palas de Rei saíron esta mañá á rúa para reiterar a mensaxe de rexeitamento á empresa portuguesa e para acusar á Xunta de Galicia de «escurantismo», en palabras de Armando Carril, portavoz da plataforma Arzúa Viva, en relación con todo o proxecto. Carril anunciou que se manterán as protestas na rúa e animou a participar na que se celebrará o vindeiro sábado, 22 de marzo, en Pobra do Caramiñal. O portavoz da plataforma asegurou que «tiñamos previsto que a Xunta ía a aprobar o estudo ambiental, porque sempre pusoxe da parte da empresa e frente o pobo galego». Carril confirmou que iniciarán a vía xurídica para «parar o proxecto».
As concentracións comezaron ás doce do mediodía en varias localidades galegas, entre elas, as de Arzúa, Melide e tamén en Pontevea (Teo) ás beiras do río Ulla. Na vila arzuá, que celebra esta fin de semana a Feira do Queixo, concentráronse numerosas persoas na praza, e ata alí desprazouse o portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que acusou ao PP de «querer pasar por amais da xente de Galicia», e dixo que «frente a tración está a dignidade dos galegos, que saímos a rúa para dicir Altri non, Galicia si». Avisou de que o próximo 22 de marzo, en Pobra do Caramiñal, «saíremos a rúa para dicir, alto e claro, que non queremos industrias contaminantes, que tenemos dereito a defender o noso medio ambiente, e apostar pola nosa xente do mar e do rural». Pontón insistiu en defender un modelo de industria de futuro e reiterou que «a celulosa é contaminación». Lembroulle ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que ten pendente responderlle a unha pregunta «sinxela. Altri é unha empresa portuguesa, e se é tan boa, por qué non a queren en Portugal». O portavoz nacional e deputada do BNG acusou ao PP de dar pasos para «impoñer a súa decisión a xente deste país sen importarlle a oposicion social nin o feito de por en risco a conca do ulla, a producción agrogandeira e a Denominación de Orixe do Queixo Arzúa-Ulloa».

Tamén o alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, participou na concentración e cualificou «de ofensa e burla» facer coincidir o anuncio da aprobación do estudo de impacto ambiental coa festa do Queixo. Reiterou que Arzúa se verá «moi perxudicada» desde o punto de vista agrogandeiro, pero tamén porque a localización da planta está nas inmediacións do Camino de Santiago. Na concentración de Arzúa participou tamén o alcalde de Santiso, Manuel Adán López.
Lara Méndez,viceportavoz do PSdeG, acudiu á protesta de Arzúa, onde mostrou a súa oposición ao proxecto de Altri. Méndez dixo que a iniciativa empresarial de Altri ten tres patas, pero «se falla unha non vai». Apuntou que as tres patas do banco son: a económica, a social e a ambiental. En relación con esta última lembrou que o estudo aprobado ten unha serie de condicionantes, entre eles deberá pasar pola Unión Europea; en canto á parte económica indicou que a empresa precisa de 250 millóns de euros, o que representa un 25% do custo total, e «non sabemos se é viable este obxectivo». Para rematar, dixo que a pata do respaldo social «vemos, pola resposta hoxe en Arzúa e noutros sitios, que a contestación social é contraria». Lara Méndez acusou ao PP de «escurantismo», e lembrou que «onde ía a ser unha planta textil, agora é unha macrocelulosa; e onde habería 2.500 postos de traballo, cada vez baixa o número máis».
Tamén houbo concentracións en Pontevea, xunto á ponte sobre o río Ulla, onde se insistiu na mensaxe contra a planta de celulosa en Palas de Rei, e os portavoces das concentracións reiteraron que a empresa provocará danos ao ecosistema e prexudicará ás terras bañadas polo río Ulla.

Igualmente en Melide, os veciños responderon á chamada da plataforma contra Altri, e encho a praza do Convento. Nesta concentración coreáronse, como en todas as demais, consignas contra a planta e en defensa do medio ambiente galego.