A Xunta destina 120.000 euros a pavimentacións no polígono empresarial de Santa Comba

La Voz SANTIAGO

SANTA COMBA

Luis Polo

O vial principal dotarase de aglomerado en quente nun tramo de 580 metros de lonxitude

09 ago 2025 . Actualizado á 05:05 h.

A Xunta destinará 120.000 euros á pavimentación do vial principal do polígono empresarial de Santa Comba e das súas ligazóns, nun tramo de 580 metros que afectará a preto de 10.200 metros cadrados de superficie. Anunciouno a delegada da Xunta, Belén do Campo, que acompañada polo director territorial da Consellería de Economía e Industria, Isidoro Martínez, visitou o parque xalleiro xunto con representantes da corporación municipal.

A intervención incluirá un fresado superficial de viais para garantir a correcta adherencia da nova capa de rodaxe, con aglomerado en quente de espesor mínimo de 5 centímetros. A obra, que busca garantir a seguridade viaria e mellorar as infraestruturas das empresas, completarase con sinalización vertical e horizontal. O de Santa Comba é un dos 16 polígonos da provincia que recibe subvención.