Tres persoas resultaron feridas nunha saída de vía no corredor de Noia, á altura de Rois

ROIS

CEDIDA

O vehículo precipitouse por un desnivel e quedou envorcado nunha pista forestal

19 jul 2025 . Actualizado á 14:24 h.

Tres persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico ocorrido de madrugada no corredor de Noia ao seu paso polo municipio de Rois. Os bombeiros do parque provincial de Boiro acudiron ao lugar, preto das seis da madrugada. O vehículo implicado precipitárase por un desnivel, quedando envorcado lateralmente nunha pista forestal, con ocupantes atrapados. Os bombeiros tiveron que habilitar un acceso para a ambulancia. Todos os ocupantes do coche foron trasladados ao Hospital Clínico de Santiago, para avaliar o seu estado físico. 

Ademais dos bombeiros do parque provincial de Boiro, mobilizouse ao servizo sanitario 061, GES de Brión e Guardia Civil de Tráfico.