O centro A Ulloa, en Sigüeiro, recibirá a maior contía da comunidade galega, con 149.800 euros
10 dic 2025 . Actualizado á 05:00 h.O Consello da Xunta aprobou onte destinar 274.700 euros a realizar actuacións de mellora en escolas infantís públicas de titularidade municipais en Oroso, Vedra e Boqueixón. Nuns casos son obras de reforma e outros afectan a renovación de cubertas e fachadas, así como equipamento, en función das necesidades de cada centro; fináncianse con recursos procedentes do Fondo de Cohesión e Transformación Social.
A maior contía, en Oroso
Os tres municipios da área compostelán figuran nunha relación de 14 beneficiarios no conxunto de Galicia. Oroso é o que reciba a cifra máis alta na comunidade galega, con 149.821 para obras de mellora no centro A Ulloa de Sigüeiro que aguzosa servizo aos nenos de 0 a 3 anos. Pola súa banda, son 75.006 euros os que chegarán a Vedra, neste caso para reforma da súa escola infantil. Completan a lista na zona os 49.917 euros que recibirá o centro situado en Boqueixón.