Tres bañistas despistados no Pino

La Voz

O PINO

cedida

Espectáculo nas piscinas municipais para divertir aos veciños

26 ago 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Bañistas descoidados

As persoas que acudiron á piscina municipal do Pino víronse sorprendidos cunha divertida proposta a cargo de Barafunda Teatro, que representaron a peza «Tres bañistas descoidados». Durante unha hora, pequenos e maiores gozaron dunha tarde de risos, complicidade cos actores e, incluso se animaron participar na representación. Os pallasos metéronse ao público no peto coas súas improvisacións e lograron motivar aos veciños para que interactuarán con eles creando un ambiente familiar. Esta actuación forma parte do programa da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, que vén reafirmar a idea do teatro como ferramenta de diversión, creatividade e encontro comunitario.