Ningún dos rapaces resultou ferido
29 mar 2025 . Actualizado á 20:42 h.Tres persoas, todas menores de idade, tiveron que ser rescatadas dun edificio abandonado, situado na avenida de Santiago, no termo municipal de Negreira. Os rapaces penetráronse no inmoble, pero tiveron dificultades para saír novamente á rúa, polo que requiriron axuda.
Ao lugar desprazouse un equipo de bombeiros do parque comarcal de Santa Comba, que axudou aos rapaces para saír do inmoble. Ningún dos menores sufriu feridas.