Veciños de Lalín fretan un autobús a Melide para asistir á misa de Marcos Torres
MELIDE
Da cafetería A Barra de Lalín sairá un autobús este domingo ás 10.45 horas con destino a Melide, fretado por veciños da vila para asistir á primeira misa que oficiará o cura Marcos Torres no seu novo destino, no templo de San Pedro ao mediodía. O alugueiro do bus é sufragado polos veciños, e restan aínda algunhas prazas para calquera persoa interesada, que pode aínda anotarse nos establecementos Comercial Arribas e Sergent Major de Lalín. Ao desprazamento ata terras melidás sumaranse outros lalinenses que acudirán á misa dominical nos seus vehículos particulares.
Un 16 de novembro no que se presentará oficialmente o novo equipo do Arciprestado de Deza formado por José Criado, José Ramón Pena, Santiago Lillo e José Antonio Salgado na misa de doce da mañá. Xornada na que haberá tamén eucaristía ás 20 horas nAs Dores, mentres que non está previsto ningunha nas parroquias.