
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitou as dependencias instaladas no consistorio
02 sep 2025 . Actualizado á 05:05 h.A Xunta abriu este luns o prazo para solicitar as axudas dirixidas aos damnificados polos incendios forestais deste verán, e así o escenificou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, cunha visita á oficina habilitada en Melide para asesorar presencialmente durante este mes aos afectados na tramitación das subvencións. O do municipio melidaos, instalado no consistorio ao lado da oficina agraria, é un dos 16 postos informativos habilitados pola Xunta en toda a comunidade, e o único, xunto co de Ponteceso, da provincia coruñesa, onde, segundo a conselleira, agarda que haxa solicitudes de titulares de explotacións gandeiras, de montes veciñais, e de tecores. A estes últimos está dirixida unha das liñas de axuda de Medio Ambiente, con subvencións para concellos e particulares por incendios en espazos protexidos como o afectado en Melide e Toques.