A Deputación coruñesa apoia con 30.000 euros a Festa da Filloa de Lestedo

La Voz SANTIAGO

BOQUEIXÓN

González Formoso e Ovidio Rodeiro asinaron o convenio en Boqueixón e analizaron investimentos da institución no municipio

17 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O presidente da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso, e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, asinaron un convenio de colaboración de 30.000 euros para a Festa da Filloa de Lestedo, que conta cada ano co apoio da institución provincial. Ambos trataron ademais do proxecto presentado polo concello para mellorar a seguridade cun paseo peonil no quilómetro 2,25 da DP-1201, na intersección co vial municipal e o campo da festa de Ou Forte, dando continuidade a outros tramos para permitir conectar a pé concello, centro de saúde e campo de fútbol. Formoso destacou que Boqueixón recibe 1,2 millóns este ano no Plan Único, que na última década supuxo 7 millóns dos 11,7 que chegaron da Deputación, que permitiron financiar 52 obras e numerosos servizos públicos. Entre estas actuacións figuran viais como os de Lamas, Pazos, Cruceiro de Pousada e Loureda, proxectos de iluminación pública, redes de saneamento, abastecementos de augas e a reparación do parque infantil de San Vicente de Boqueixón.