
O informe da oficina municipal de turismo tamén observa un incremento «sostible» de turistas que percorren ata Santiago a ruta ciclista Eurovelo 3
12 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.A oficina municipal de información turística de Arzúa atendeu o pasado xuño as consultas dun total de 3.385 visitantes, rexistrando o mellor dato mensual desde a pandemia. O balance realizado polos técnicos que atenden o servizo pon de manifesto que o Camiño de Santiago segue sendo o principal motor turístico do municipio, tendo en conta que o 97 por cento das visitas recibidas o mes pasado foron de peregrinos. Entre estes, a maioría chegaron a Arzúa a través da ruta francesa, que se mantén, fronte aos itinerarios do Norte e Primitivo, como a ruta máis transitada co 73 por cento do total dos visitantes.
O informe da oficina municipal de turismo tamén observa un incremento «sostible» de turistas que percorren ata Santiago a ruta ciclista Eurovelo 3. O balance guinda, así mesmo, que o 75% dos visitantes estatais procedían de Madrid, Andalucía, Murcia e a Comunidade Valenciana, e subliña que América supera «por primeira vez» a Europa como principal orixe dos visitantes estranxeiros. Os datos confirman, para a edila arzuá de Turismo, Begoña Balado (PSdeG), «o papel destacado de Arzúa no Camiño, onde estamos a consolidarnos como destino de referencia para peregrinos nacionais e internacionais».