Arzúa dota de fibra óptica a Ou Campo, Dodro, Couto, Viladavil, Calvos, Viñós e Branzá
ARZÚA / LA VOZ
ARZÚA

O goberno municipal mostrouse «moi satisfeito» pola dotación dun servizo «hoxe básico»
26 abr 2025 . Actualizado á 05:05 h.A instalación de fibra óptica impulsada polo Concello de Arzúa nas parroquias sen acceso a Internet de alta velocidade permite xa acceder ao servizo aos veciños de Dodro, Ou Campo, Couto, Calvos, Viladavil, Viños e Branzá, segundo avanzaron desde a concellaría de Xuventude, Infancia e Novas Tecnoloxías, na que recaeu a pertinente colaboración coas empresas instaladoras, así como coas administracións competentes para o despregamento da infraestrutura. O edil responsable, Daniel Moscoso, mostrouse «moi satisfeito» pola dotación dun servizo «hoxe básico», e expresou o «claro compromiso» do goberno local, no que «queremos que todas as parroquias conten cun acceso digno a internet».