Concertos didácticos co Conservatorio e As Cancelas

La Voz

SANTIAGO

NOGUEROL

Celébrase os venres e sábados ás 19.00 horas, e as primeiras actuacións terán lugar o 24 de abril e o 8 de maio

21 abr 2026 . Actualizado á 05:00 h.

O centro comercial As Cancelas pon en marcha unha nova colaboración co Conservatorio de Música de Santiago para achegar a música clásica e contemporánea ao público xeral nunha contorna cotiá. A iniciativa desenvolverase a través de concertos didácticos integrados na programación do Show de Celi, que se celebra os venres e sábados ás 19.00 horas. As primeiras actuacións terán lugar o 24 de abril e o 8 de maio, con pezas en formato conto, repertorio de rock e unha selección musical variada que abarca desde videoxogos ata composicións de Ludwig van Beethoven e temas como «Sultans of swing», de Dire Straits. Os concertos serán interpretados por distintas agrupacións do conservatorio.