As Cancelas, con «A casa de bonecas de Gabby»

La Voz

SANTIAGO

DreamWorks Animation | EFE

Os asistentes poderán coñecer en persoa a Gabby, así como gozar de animacións e actividades temáticas totalmente gratuítas

04 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Venres 7 e sábado 8 • 13 a 21 horas • As Cancelas • O centro comercial As Cancelas acollerá o 7 e 8 de novembro unha parada especial da xira de «A Casa de Bonecas de Gabby», a película de DreamWorks Animation estreada recentemente. Os asistentes poderán coñecer en persoa a Gabby, así como gozar de animacións e actividades temáticas totalmente gratuítas.

O centro transformarase nun «mundo miau-gico» no que os máis pequenos poderán participar en actividades creativas, talleres de maquillaxe, sesións de baile, xogo libre e encontros cos personaxes máis queridos da película, ademais de dinámicas inspiradas nos escenarios do universo de Gabby. «Estas actividades permiten achegar aos nenos e as súas familias aos seus personaxes favoritos, convertendo a súa visita ao centro nunha experiencia diferente», sinalou o xerente Javier Nicolás.