O BNG pide a transferencia do tramo ferroviario entre A Moniña e Fraiz, en Ames

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO

CEDIDA

Néstor Rego expuxo a demanda no Congreso dos Deputados

28 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O BNG reclamou ao Goberno central a transferencia ao Concello de Ames do antigo tramo ferroviario que está en desuso entre as aldeas de Fraiz e A Moniña. Néstor Rego, deputado do Congreso, visitou onte este lugar acompañado de membros do BNG local para visibilizar esta demanda, que o Bloque de Ames incluíu no acordo do seu grupo municipal para posibilitar a aprobación dos presupostos municipais. O BNG aposta por un aproveitamento público deste espazo, de practicamente un quilómetro de longo e que se atopa en estado de abandono. Rego expuxo a opción dun itinerario peonil.

Durante a visita, veciños de zona trasladaron ao BNG reivindicacións como unha solución aos problemas do transporte e a construción de beirarrúas para garantir a seguridade peonil.