Ferreiro e Anido encaran o tramo decisivo da tempada

La Voz

SANTIAGO

Cedida

Lideran a clasificación continental de históricos na categoría 3 á falta de dúas probas

16 oct 2025 . Actualizado á 19:44 h.

Os melidaos Xesús Ferreiro e Xavier Anido mantéñense líderes no Campionato de Europa FIA de Rallyes Históricos, na categoría 3 coa súa Ford Escort RS 1800 MKII, a pesar de perderse varias probas no período estival.

Esta fin de semana compiten en Asturias e a continuación só quedarán unha cita para completar o calendario continental, a do 7 e 8 de novembro na localidade portuguesa de Fafe.