
O conxunto dirixido por Secho xoga en Noia o antepenúltimo amigable da pretemporada
19 ago 2025 . Actualizado á 18:41 h.Era un desenlace agardado, só pendente de concretarse. E este martes o Compostela confirmou o adeus do central Soto.
O defensor non entraba nos plans de Secho para esta tempada. Tan é así que non chegou a participar nos adestramentos, con permiso do club para negociar en busca doutro destino.
Vaise despois de dúas etapas en San Lázaro. Ofreceu a súa mellor versión na primeira, con Yago Iglesias no banco. Foise co técnico santiagués ao Pontevedra e regresou para xogar de novo as dúas últimas coa camiseta azul e branca.
Amigable en Noia
Por outra banda, o Compostela disputará na tarde deste mércores ás 20 horas un novo amigable, no Xullo Mato fronte ao Noia. E o sábado fará a súa presentación en San Lázaro, no Memorial Antonio Bermúdez, ante a Sarriá.
Despois destas dúas citas, a Secho xa só lle quedará unha oportunidade máis, o venres 29 en Lalín, para facer probas antes de que comece a liga.