
O trío californiano está hoxe en Santiago como parte da cuarta cita do ciclo musical
02 jul 2025 . Actualizado á 04:50 h.O trío californiano The Schizophonics estará hoxe en Santiago como parte do cuarto evento do ciclo musical e gastronómico noitiNHas. O grupo norteamericano, xunto cos chefs Eloy Cancela e Kike Piñeiro, son unha das citas máis esperadas desta oitava tempada do ciclo.
O evento, con entrada libre, ten lugar no patio do hotel NH Collection a partir das 19.30. O ourensano DJ Tristón animará a sesión previa. No concerto o público poderá disfrutar do último álbum do grupo, «Hoof it», mentres degustan da proposta gastronómica dos chefs e do equipo do NH Collection.