
O festival comezou coa estrea de «Ariel», de Lois Patiño, na praza da Quintana
02 jul 2025 . Actualizado a las 04:50 h.A nova edición do festival Curtocircuíto comezou coa estrea nacional de «Ariel», último traballo do vigués Lois Patiño. Unha edición na que cambiou a estrutura do festival, coa recuperación de sedes clásicas como a praza da Quintana, onde foi inaugurado. Ademais de Patiño e o equipo do seu flme, ao evento asistiu o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil.
Desde o 1 ata o 6 de xullo distintos espazos públicos da capital galega acollen este Festival Internacional de Cinema e Artes Visuais, organizado polo Concello de Santiago (Compostela Cultura) desde o 2003, co apoio do ICCA.
Hoxe haberá un encontro co público ao que asistirán Patiño e parte do elenco de «Ariel», xunto ao director do festival, Pela del Álamo. Entre as proxeccións estarán «Fillos do vento» e «Terra», esta última dedicada ao artista visual e cineasta Adrián Canoura. As sesións repártense entre o Hotel NH Collection, o Teatro Principal e a sala Numax, respectivamente.