Moncho Fernández: «Preferiría ser xogador, pois é moito máis divertido que ser adestrador, aínda que tamén se pasa ben no banco»

Ignacio Javier Calvo Ríos
NASO CALVO LA VOZ / SANTIAGO

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

O exentrenador do Obradoiro e actualmente máximo responsable técnico do Xirona participou no campus de Peleteiro

25 jun 2025 . Actualizado á 23:19 h.

«Fun un afortunado ao contar sempre con bos xogadores. Nunca pensei en cal foi o mellor de todos. pois sempre entendín que o mellor é o equipo», contoulle aos nenos e nenas do campus Peleteiro Moncho Fernández, exentrenador do Obradoiro e actualmente o máximo responsable técnico do Xirona.

«Empecei moi mozo. Levo 38 anos adestrando e fíxeno en moitos clubs. Tamén adestrei a equipos de nenas hai vinte anos, pero vós aínda non naceras», respondeu os mozos participantes no campus. «Preferiría ser xogador, pois é moito máis divertido que ser adestrador, aínda que tamén se pasa ben no banco».