
Interpretará 18 motetes do compositor galego
18 jun 2025 . Actualizado á 04:55 h.Día 21 • 21 horas • Igrexa de San Domingos de Bonaval • Entrada libre • O Orfeón Terra a Nosa ofrecerá este sábado 18 motetes de Marcial de Adalid con motivo do Día da Música. Aínda que as obras para piano e para piano e voz do compositor se interpretan con frecuencia, a súa obra relixiosa, conservada na Biblioteca da Real Academia Galega, permaneceu inédita ata o de agora. O concerto «supón un fito na recuperación patrimonial da música galega do século XIX», destacan desde o Orfeón Terra a Nosa.
A formación, que dirixe Luís Martínez, estará acompañada neste concerto polo tenor David Ferreiro, as sopranos Aida López e Aida Cruz, así como Juan Manuel Varela ao piano. O proxecto, que contou co editor e compositor Marcos Mato, inclúe un rexistro discográfico das pezas, que proximamente estarán dispoñible nas principais plataformas de escoita.