A Filharmonía ofrecerá un concerto comentado este venres

La Voz

SANTIAGO

Baldur Brönnimann es el director titular de la Real Filharmonía de Galicia
Baldur Brönnimann é o director titular da Real Filharmonía de Galicia PACO RODRÍGUEZ

Levasen a batuta Brönnimann e Amandine Beyer

14 may 2025 . Actualizado á 04:55 h.

Venres • 20.30 horas • Auditorio de Galicia • 10 euros • A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá este venres o segundo concerto do ciclo (En)Foco desta tempada. Trátase dun repertorio comentado para facilitar a comprensión das obras. Nesta ocasión, os encargados de ofrecer as explicacións serán o director titular, Baldur Brönnimann; e a tamén mestra e artista en residencia, Amandine Beyer, que se intercalarán na dirección. Ademais, a orquestra contará para esta singular cita co percusionista Juanjo Guillem, que actuará de solista. As entradas custan 10 euros, pero hai posibilidade de engadirlle tapa e bebida ao finalizar o concerto na cafetería Lasso. Para iso serían 18 euros.