
Tamara García impúxose no cadro feminino
10 may 2025 . Actualizado á 23:17 h.Sen choiva, co termómetro ao redor dos dez graos. Así arrincou a décima edición da SantYago 10K. Os atletas partiron cos últimos minutos de luz solar desde San Francisco e completaron a proba xa de noite o Obradoiro, cunha notable presenza de público en diversos puntos do percorrido.
O gran protagonista da proba foi o vencedor absoluto, David de la Fuente, cun tempo de 31 minutos e 24 segundos que é a nova marca da carreira. O anterior estaba en poder de Jorge Puig (32.26) desde o 2023. Esta vez tivo que conformarse coa segunda praza e a súa mellor marca persoal na nocturna (32.16). Terceiro foi Jorge Varas (33.59). De la Fuente impuxo un ritmo imposible de seguir para os demais. Ao paso polo quilómetro cinco, só Puig aguantáballe o envite. Pero tamén acabou cedendo.
No cadro feminino, Tamara García, que no ecuador da carreira estaba a 27 segundos de Rosana Fernández, conseguiu remontar e impúxose cun tempo de 41.42, por 42.21 do seu rival. Terceira foi Vanesa Blanco, 43.25, que tamén foi de menos a máis.

Este ano a organización incluíu unha novidade, un trazado de catro quilómetros para os menores de 18 anos. No cadro masculino os tres primeiros foron Mateo Calviño, Xabier Rodil e Gabriel Nogueira, mentres que Julia Fagilde, Daniela Bayón e Martina Yubero completaron o podio feminino. Participaron máis de douscentos mozos, desde sub 12 a sub 18. Especialmente meritorios foron os podios de Rodil, Nogueira e Fagilde, os tres sub 12 e capaces de relacionarse coas categorías superiores.