
O Salón Teatro acolle unha nova representación da obra «Profetas» e na Sala Capitol actuará o cantante naronés Lode
04 may 2025 . Actualizado á 04:50 h.Ademais dos actos programados no marco da Feira do Libro, Compostela contará hoxe cunha función teatral e un concerto para animar a tarde dominical.
Profetas
18.00 • Salón Teatro • Desde 6 euros • Nova función de «Profetas», obra dirixida por Carlos Álvarez-Osorio e textos de Ernesto IS (premio Abrente de textos teatrais da MIT de Ribadavia 2021).
Lode
19.30 • Sala Capitol • 10 euros (máis gastos) • Lode, un dos artistas galegos con maior repercusión en redes sociais, animará a tarde do domingo en Santiago. O cantante de Narón presenta un directo con composicións e coreografías propias.