
O conselleiro de Cultura e a alcaldesa participan nunha xornada de apertura que xa arrinca con actividades
03 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.Hoxe • Paseo central da Alameda • 12.30 • A libreira compostelá Lola Puerta será a pregoeira da Feira do Libro de Santiago, que arrinca esta mañá na súa localización habitual. A súa intervención pechará un acto inaugural no que tamén participarán o conselleiro de Cultura, José López Campos; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; e Teresa Porto, tesoureira da Federación de LIbrarías de Galicia.
As actividades previstas son: ás 17.30, teatro para familias, con Pedras de cartón, que representa «Carapuchiña vermella». Ás 18.30 haberá un paseo ao redor do Diario de Ruth Matilda Anderson da man de Encarna Otero (prazas limitadas). Tamén ás 18.30, Lola Fernández Pazos («O segredo da perfección») e Maica Gorgal («A casa da mina») conversan sobre as súas novelas coa xornalista María Nieto. Ás 19.30, a escritora Isabel Blanco e a ilustradora María Lapido presentan «Galegas na música».
Polas casetas das librerías pasarán para asinar os seus últimos traballos Ivonnete da Silva (12.00); Sonia Arias (17.30); Ángel Barrios (18.00); Alfonso Barreiro, Fon (18.00); Francisco Lorenzo (18.30); Alejandro Otero Jamardo (19.00); e Maria Besteiros (19.30).
As librerías e editoras participantes son Boadicea, ULA Libraría Social, Uróboros, Ler Librarías, O Faro dos Tres Mundos, Aenea, Pedreira, Casa do Libro, Galgo Azul, Editorial Bululú, Cartabón, Numax, Galaxia, Agrasar, Biblioteca Ánxel Casal, Astora Cómics e A Gata Tola.