Curtocircuíto transfórmase en festival de verán

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Adianta a súa cita a xullo, do 1 ao 6, e regresa ás rúas con máis actos

03 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Curtocircuíto, o Festival Internacional de Cinema de Santiago que organiza o Concello, transfórmase en festival de verán e adianta a súa cita deste ano a xullo. O festival celebrarase do 1 ao 6 dese mes e regresa ás rúas, para «xerar espazos de intercambio entre a cidadanía e os artistas nos que compartan e reflexionen sobre o seu traballo», segundo anunciou onte a concelleira de Cultura, Míriam Louzao. Para o seu director, Pela do Álamo, a volta ao formato orixinal abrirao a público máis diverso.