
Ofrecerán funcións desde este sábado ata o luns no Salón Teatro
26 abr 2025 . Actualizado a las 04:55 h.Hoxe (20.30 horas), mañá (18 horas) e luns (20.30 horas) • Salón Teatro • Desde 10 euros • O Centro Dramático Galego (CDG) e o colectivo portugués ASTA Teatro recalan en Santiago para ofrecer tres funcións da súa coprodución «Rosalía, cartografía de ásperas ortigas» baixo a dirección escénica e a dramaturxia do compostelán Roberto Salgueiro. A peza que achega o legado de Rosalía contará cun elenco galego-portugués formado por Antía Cortegoso, Sérgio Novo, Alberto Medeiros e Marta Casais.