Correndo para visibilizar a esclerose múltiple en Santiago

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO

Medio milleiro de persoas participaron nesta iniciativa solidaria que cumpriu xa a súa sétima edición

10 jun 2024 . Actualizado á 16:22 h.

Grandes, pequenos, enfermos, familiares, amigos, espontáneos, corredores altruístas... Medio milleiro de persoas acudiron ao campus sur compostelán para participar na carreira e andaina solidaria que a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple e outras enfermidades neurodegenerativas celebrou en Santiago este domingo. Trátase da sétima edición dunha iniciativa que quere visibilizar e sensibilizar sobre este enfermidade, dar a coñecer a asociación como referente na atención sociosanitaria aos afectados e ás súas familias e recadar fondos para atender as persoas que sofren esta patoloxía. Unha patoloxía que afecta a unhas catro mil persoas en Galicia e diagnostícase a idades moi temperás, entre os 20 e os 40 anos, en pleno desenvolvemento persoal e laboral, mesmo ás veces antes dos 18.

Fatiga, problemas de visión, hormigueos, mareos, debilidade muscular, problemas de equilibrio ou espasmos son os primeiros síntomas dunha enfermidade que impacta de forma devastadora na familia e sobre todo na calidade de vida dos afectados. Escolares, veteranos e adultos puxeron o seu granito de area neste evento que tivo como padriño ao actor Víctor Fábregas e ao que asistiu a alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín, así como outros membros da corporación municipal e expertos sanitarios como o xefe de neuroloxía do CHUS, José María Prieto.