0003_202405S26C9992

A ANPA de Ventín, en Ames, pide o informe sanitario sobre o brote de gastroenterite

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

A asociación sinala que todos os contagios producíronse no comedor e en distintos espazos do servizo

26 may 2024 . Actualizado ás 05:05 h.

A Asociación de Nais e Pais As Brañas, de Ventín (Ames) reclamou mediante un comunicado público nas súas redes sociais que se dea a coñecer o informe «científico» no que se baseou a información de Sanidade, que conclúe que o brote de gastroenterite detectado entre alumnado do colexio que acode ao comedor municipal debeuse a un norovirus, mentres que as análises aos alimentos do comedor dos menús servidos cando xurdiu o brote non detectaron contaminación microbiológica.

A ANPA sinala que os contagios iniciáronse entre usuarios do comedor municipal do colexio de primaria de Ventín, que non teñen constancia de que houbese casos entre escolares que non o utilizan, e que algúns deles se produciron nunha zona de comida situada nunha planta distinta do comedor.